.

25 junho 2005

Dende o cardado até a gomina


Foi na década dos 80 cando ventos coma de invernía trouxeron os polvos brancos da heroína a Galicia alzando en prestixio e en nómina a familias enteiras. Coma sempre hai algún dano colateral, outras moitas padecían a agonía duns fillos consumidos e solapados por unha mortal dependencia da que non coñecían máis ca un éxtase etéreo.

Cabelos coma crins, pantalóns pitillo, colares, xeringas, Secretos e Mecanos. Dende os nefastos dominios das gafas do "Un, dos, tres", a heroína comeza a súa crónica. A música vai pelexar contra a decadencia do vinilo, os espellos contra os tupés e a autoestima contra esta droga que foi comidilla e banco de proba cos mozos galegos. O tabaco e máis o Scotch whisky xa non eran rentables e había que buscar un novo penso para cebar a inocencia e a inquedanza da mocidade do país. Simplemente era meterse nun laboratorio e saír del con calquera substancia que flipase a un colectivo descocado, desenfrenado e desnortado. Et voilá, chegou e venceu. (ler máis)