.

25 junho 2005

Arde Porto


Remata o curso universitario en Portugal. Centos, milleiros de estudantes chegados de todos os recunchos do país ateigan as rúas do Porto. Festa, cores e homenaxe aos graduados nunha semana na que a cidade portuguesa fica paralizada diante de interminables desfiles: é aQueima das Fitas
Xente, xente, xente
O rabaño, cun itinerario marcado por un asfalto de por veces invisible, cantaba consignas de forma un tanto repetitiva e mecánica. E eses brazos articulados oxidábanse baixo un sol confundido. Confundido porque chegou a conclusión (despois dunha primeira lectura simplista e liñal) de que a concentración era no fondo inútil. E era el, por máis que queiran desmentilo os que estaban a pé de rúa, o único que podía observar a distribución homoxénea de tal cantidade de estudantes alcolizados polas avenidas do Porto.
E quentaba máis que nunca para ver se podía dispersar á multitude e intentar observar de novo o debuxo das calexas da cidade un día calquera. E eu, mentras, esperando o momento exacto para non mesturarme e perderme. Porque estou seguro de que se entraba (con paso firme ou dubitativo) acabaría engulido pola dinámica circular da cervexa e do fume dos pitos. Para sempre, por moitos libros que lera despois baixo un sol que aínda, e a pesares de pasar un tempo prudencial, seguiría confundido.
Xente, xente, xente. (ler máis)