.

25 junho 2005

Segundo número


Con inxeccións espóradicas de felicidade inducidas por un consumismo frenético derivado da "grande aceptación" do primeiro número de Faneca Brava, tedes entre as vosas mans (que tremen por aloumiñar tan docemente un produto de tanta calidade) unha nova tirada do que nun tempo medianamente prudencial acabará por converterse no referente cultural da área de Compostela. Ou, no seu defecto, un produto residual duns enfermizos estudantes de xornalismo que non teñen outras ocupacións que percorrer as rúas da cidade en busca de publicidade para sacar adiante esta publicación (e neste momento é cando pedimos, con pingas de sarcasmo ironizante, axudas para o futuro).
Chegan xa os exames finais e con eles os agobios, os nervios e os cabezazos contra a parede que se xuntan nunha simbiose que nalgúns casos remata en esquizofrenia aguda. A abafante vida do universitario medio da USC. Pero paseniño todo sae adiante. E se por algún elemento causal producido, sen dúbida, por un profesor cabrón que che ten manía e que lle vai a vida en suspenderte, sempre quedarán os meses de verán.
E se non tes motivación e cres que a túa vida é gris, pensa que despois deses longos días de xullo, agosto e setembro a revista coa que entablaches o maior amor que o universo lembra entre un ser humano e unhas follas grapadas, Faneca Brava, volverá cun novo curso.
Un ano máis vellos, si, pero con máis experiencia e con ánimos renovados de cara a un maratón de búsqueda publicitaria (de novo o guiño subliminal a axudas que poidan vir) e de narrar o que sucede no mundo, o que pasa ou simplemente plasmar nunhas liñas as nosas inquedanzas e vivencias.
Despedímonos amigos, pero solo ata outubro, porque os que compoñemos Faneca Brava, mal que vos pese, temos aínda moitas cousas que contarvos.
Sorte nos exames e bo verán!

Monti Castiñeiras: "A cultura sen reivindicación está coxa"


En Santiago a arte agroma ata no verdello que vai deixando a chuvia na pedra. Comezou a observar o mundo dende un quiosco. Os seus pais vendían xornais. Alí lle ofreceron o seu primeiro papel como actor. Nin el mesmo sospeitaba que ese ía ser o seu oficio. Comezou a estudar Filoloxía Inglesa pero "ese ano só saquei unha materia". Foi entón cando se integrou naquel grupo de teatro porque lles faltaba un actor.

A televisión deulle a fama, fixo da súa unha cara familiar. Quizais tamén lle permitíu sobrevivir no tumultuoso e inestable mundo da interpretación, "ti xa presupós que traballar en televisión che dá unha supervivencia económica; se estivera moi ben pagada puidera ser, pero en Galicia temos un contexto diferente ao resto de España, porque aquí as cousas non están igual de pagadas que fóra".
Mirándoo ben puidérase pensar que quizais o seu aspecto foi a chave que lle abriu as portas no mundo da interpretación. "En principio hai papeis para todos, pero para as caras bonitas creo que hai máis. Eu cheguei a estar un pouco farto dos papeis que me ofrecían, non pola cara bonita, pero tes unha imaxe, unha pinta. Se tes cara de médico, como din eles, danche máis papeis de médico".
Sería longo facer un repaso ao seu currículo. Unha pregunta, que persoaxe, que traballo lle produciu máis satisfaccións, "un é Alexandre de 'O lápis do carpinteiro', porque era moi distinto a todo o que fixera. Pero tamén estou (ler máis)

Cando sexa maior...

Cando somos uns meniños soñamos con viaxar lonxe, fuxir da nosa casa e coñecer sitios novos, sen medo a perder as cousas que queremos, a nosa boneca escarranchada, aquel camión ao que xa lle faltan un par de rodas, así como esa manta cun cervo que temos dende que éramos pequeniños. Só xente boa cos brazos abertos nos recibe no noso vagar por un mundo alleo ás preocupacións, alleo á búsqueda dunha codia de pan e das "comodidades", ¿que importaba todo iso? Nós queríamos correr a fartar e vivir as nosas ilusións. Máis lógo, a medida que imos crecendo, facémonos in-conscientes aínda que nós deamos en denominalo sen o prefixo. ¿Por que? Esquecemos todo aquilo que facía que nos erguesemos ledos pola mañá, chimpando da cama na procura dun novo día de emocións. E in-conscientes do que realmente nos importaba, engaiolamos a nosa liberdade en pos dun aburguesamento do noso espírito que xa non é branco coma onte, senón que está cuberto dunha fumareda grisacea que nos impide vernos a nós mesmos con claridade. Xa non somos quen de viaxar, agora que podemos, xa hai demasiadas cousas que nos atan. (ler máis)

Cibervoluntari@s

¿Nunca quixeches ser voluntario e non puideches por falta de tempo? ¿Non podías desprazarte ao lugar que querías? ¿Ou é que non tes un horario libre fixo para facelo? Pois a rede ofrécenos unha alternativa, o cibervoluntario. Son persoas coma ti e coma min, que se adican a axudar a outras persoas dende un ordenador. As vantaxes son moitas: poder facelo onde queiras e cando queiras, a axuda é inmediata e o máis importante, elimina as barreiras xeográficas. Así podemos axudar a persoas ás que antes non chegábamos.
Este tipo de voluntarios céntrase sobre todo na tecnoloxía. Aínda que hai moitas formas de axudar: impartir clases por Internet, asesorar en materia legal ou laboral, ou simplemente falar e aconsellar a quen o precise.(ler máis)

Dende o cardado até a gomina


Foi na década dos 80 cando ventos coma de invernía trouxeron os polvos brancos da heroína a Galicia alzando en prestixio e en nómina a familias enteiras. Coma sempre hai algún dano colateral, outras moitas padecían a agonía duns fillos consumidos e solapados por unha mortal dependencia da que non coñecían máis ca un éxtase etéreo.

Cabelos coma crins, pantalóns pitillo, colares, xeringas, Secretos e Mecanos. Dende os nefastos dominios das gafas do "Un, dos, tres", a heroína comeza a súa crónica. A música vai pelexar contra a decadencia do vinilo, os espellos contra os tupés e a autoestima contra esta droga que foi comidilla e banco de proba cos mozos galegos. O tabaco e máis o Scotch whisky xa non eran rentables e había que buscar un novo penso para cebar a inocencia e a inquedanza da mocidade do país. Simplemente era meterse nun laboratorio e saír del con calquera substancia que flipase a un colectivo descocado, desenfrenado e desnortado. Et voilá, chegou e venceu. (ler máis)

Jorge Dréxler: "Gañei un lugar no corazón de moitas persoas que escoitaron o meu eu"


Sae ao escenario co sorriso nervioso, como se fose a primeira vez e agradece os aplausos como se nunca experimentara esa sensación de ser o centro de atención. Hai uns anos curaríate dunha gripe ou vacinaríate, agora percorre medio mundo cunha guitarra e as súas letras ás costas. Hai quen di que segue a curar, pero doutro xeito. É Jorge Drexler, Jorge, sen máis. Un uruguaio de Montevideo que descubriu que se pode arriscar e vivir da música necesitando só dúas cousas: " mi guitarra y vos".

Xa que ía ir ao concerto...¿por que non facerlle unha entrevista? ¡Ei rapaza! Que acaba de gañar un Óscar, que non é o veciño do terceiro. Meu irmán sempre tan realista. Por intentalo non perdía nada. Un e-mail, unha chamada de teléfono... e ao final... tiña entrevista. Pola mañá... mellor á tarde, en persoa... por teléfono.... Ao final sería unha rolda de prensa no Palacio de Congresos para todos os medios. Cheguei alí máis desubicada ca un polbo nun garaxe e sen pase de prensa. Entrei mentres ensaiaban, ían mal de tempo así que un par de preguntas cada un e nada máis. Só éramos dous. Pero ese (ler máis)

Arde Porto


Remata o curso universitario en Portugal. Centos, milleiros de estudantes chegados de todos os recunchos do país ateigan as rúas do Porto. Festa, cores e homenaxe aos graduados nunha semana na que a cidade portuguesa fica paralizada diante de interminables desfiles: é aQueima das Fitas
Xente, xente, xente
O rabaño, cun itinerario marcado por un asfalto de por veces invisible, cantaba consignas de forma un tanto repetitiva e mecánica. E eses brazos articulados oxidábanse baixo un sol confundido. Confundido porque chegou a conclusión (despois dunha primeira lectura simplista e liñal) de que a concentración era no fondo inútil. E era el, por máis que queiran desmentilo os que estaban a pé de rúa, o único que podía observar a distribución homoxénea de tal cantidade de estudantes alcolizados polas avenidas do Porto.
E quentaba máis que nunca para ver se podía dispersar á multitude e intentar observar de novo o debuxo das calexas da cidade un día calquera. E eu, mentras, esperando o momento exacto para non mesturarme e perderme. Porque estou seguro de que se entraba (con paso firme ou dubitativo) acabaría engulido pola dinámica circular da cervexa e do fume dos pitos. Para sempre, por moitos libros que lera despois baixo un sol que aínda, e a pesares de pasar un tempo prudencial, seguiría confundido.
Xente, xente, xente. (ler máis)

Do “flower power” ao “hippie fashion”


En 1965 acuñouse o termo "hippy" para referirse á reunión de bohemios e beatnicks (consumidores de drogas para "espertar os sentidos", que tiñan como libro de cabeceira "On the road", de Kerouac)
A mediados dos 60, a oposición á cultura de consumo, as mobilizacións en contra da guerra do Vietnam en EEUU desembocaron nunha nova filosofía de vida. Os hippies escandalizaron á sociedade do seu tempo: roupas frouxas, guedellas, LSD, marihuana e amor libre.(ler máis)

Xogando con Deus


Un domingo na vida dun cura futbolista
Maradona xogaba con Deus, pero coa súa man. Un grupo de fanequeiros atopamos un home que xoga con Deus. Don José, un mozo da Lanzada que combina a súa labor de crego na parroquia de Meaño coa de extremo esquerdo nun equipo de segunda rexional, a S.D. Noalla, clube que tamén preside. Neste momento de saturación informativa sobre as elites da igrexa, Don José ofrecenos a cara máis humana dunha igrexa da "que todo mundo fala, pero poucos coñecen a fondo". Faneca Brava, pasou un domingo con el para ver como é a vida dun párroco de 28 anos no día do Señor.

Unha mañá agotadora.
9:30h: Mañá dun soleado domingo do mes de Maio, sona o despertador de Josetxo, como o chaman os amigos. O domingo é o día de máis traballo, pois pola mañá ten que ir dar a misa e lógo pola tarde é hora de disputar o partido de liga. Mentres almorza hai tempo para ver os resultados de Alonso nos adestramentos previos á carreira de Fórmula 1.
11:00h: Josetxo colle o seu Seat Toledo e en dez minutos xa chega á cafetería que está ao lado da igrexa parroquial. O café ten tempo a arrefriar pois cada veciño para a conversar co seu párroco, "o trato coa xente é o máis gratificante, unha das nosas prioridades é o trato cos fregueses, estamos á súa (ler máis)

Recomendación literaria

Deseo de ser piel roja, de Miguel Morey
Na azotea do tellado aquel está Henry T. Leva horas alí apostado, sen moverse, con toda a calor do sol a darlle na testa. Súanlle as mans ao contacto coa superficie dura da escopeta. Abaixo, na rúa, a xente pasea, fala, ri noutra realidade. Henry sábese só.
De súpeto levántase e apunta cara a abaixo. Apreta o gatillo coa man suorosa. Dispara. Unha, dúas, tres veces... A xente de abaixo comeza a gritar. Xiran caóticos, corren, tapan os ollos coas mans. E por un momento ti, que o observas dende hai tempo de un recuncho imaxinario da azotea, desexas ser el. Queres ser ti quen (ler máis)

Na horta da ledicia...


Con Xavier Vaz
Alguén que se define coma un "maníaco", que prefire "vivir nunha tenda de campaña", que nos vai liberar das frituras da cafetería cunha receita de comida china e que se cartea cun escocés para saber como vai a vide que prantou hai anos na casa na que vivía, non pode pasar desapercibido, e así é. Chámase Xavier Vaz, foi xornalista, reporteiro de guerra e agora profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, o traballo máis relaxado e seguro que desenvolveu ata o de agora.
"Eu non podo vivir sen unha horta, son un maníaco, primeiro pola miña educación, son un home de campo, ensináronme a cultivar berzas, patacas, tomates... todo tipo de verduras." E falando de tomates estes son o produto predilecto da súa horta, pranta ata catorce especies distintas. Os últimos "merqueinos pola Internet (ler máis)

Faneca literaria

David contra Goliat, de Rosa Aneiros

Faneca brava, faneca brava... ¿onde se veu iso? Ata hai dous anos non souben a que lle chamabades tal. Alguén botou algo de luz: "si, muller, eses peixes que andan abaixo da area e cando os pisas doen quenindiós". Claro, aí falaches, os escarapotes. As fanecas, bravas ou non, son fanecas. Os escarapotes son escarapotes. Uns cómense, os outros non. Uns non doen, outros adoecen. Uns limpámolos e á tixola, outros zorregámolos dos tramallos ao mar porque son todo espiña. Aí os galegos, que comemos todo canto hai, amosamos a nosa alta intelixencia gastronómica: para chuchar espiñas xa están os gatos. E os escarapotes, feos como abismos, pasaron ao reino diminuto do animalario sen proveito culinario. Vin o becho en cuestión dúas veces, as dúas esgazado nas redes e con aspecto de réptil do pleistoceno. Nas dúas ocasións volvino xa morto ao mar para único deleite das gaivotas. Por sorte, o azar nunca me fixo, polo de agora, sentilo. Durante moitos veráns, o pesadelo non foi a picada do escarapote senón ter que ir á caseta (ler máis)

O diario da faneca

¡¡Yuhuuuuuuuuuu!! Pequenas lapas hemorroidicas e ourizos espiñosos varios.
¡¡Atención, atención!! criaturas do inframundo acuático, que comeza a función:
Chipiróns en escabeche en colaboración con ollomois production presentinggggg: a inquedante, a extravagante e en ocasións ata irritante… A guerra das dorsais, unha espumosa aventura oceánica-sideral. Despois do grande éxito recaudado por Entre marisqueiras anda o xogo e Con escamas e ao tolo o "Marajota Pictures Studios" deléitanos, esta vez, cunha completísima saga fanequil repleta de traizón, vinganza esalitrosidades varias, na que o piche e a viruxe mareira son dous dosprincipias protagonistas. Con humorísticos cameos de celebridades da industria do Hiperxel como Rodolfo Langostino, as varitas de merluza ou as mismísimas ancas de rá de Raponchi bailando a (ler máis)

O curruncho de Bea

A "Solas" con Benito Zambrano

Habana: capital de Cuba e unha das cidades máis fermosas do mundo. Blues: tipo de música adicada ás persoas inconformistas. Habana Blues: último filme de Benito Zambrano. Deixamos o mundo da meteoroloxía neste número e pasamos ao mundo do cinema da man deste director que rompeu moldes.
Poderíamos definilo como unha persoa pouco coñecida pero que a gran maioría das persoas viu os seus traballos. O máis coñecido ata agora é Solas. Para este último traballo chegoulle a inspiración estando en Cuba rodeado de boas mulleres e dun tempo cálido. Chegou ileso para presentar Habana Blues pero saíu cunha dentada fanequeira, era a primeira vez que lle pasaba. Para todo hai unha primeira vez e non ía ser menos para unha entrevista de Faneca Brava.(ler máis)