.

28 maio 2005

Xa está na rúa a primeira Faneca

Nese relativismo moral orfo, nese movemento circuncéntrico da culler dun café con leite clariño na cafetería de Suso, unha faneca debullábase no ambiente. E nas bocanoites de Compostela, con estatutos, sinaturas e subvencións, ese peixe perfilouse un chisco bravo. Entre dentes afiados, berros, bágoas, enfados,miradas perdidas e, sobre todo, sorrisos, a revista, mal que ben, ía saíndo adiante.
Faneca Brava, porque si. Sen razón aparente. Collímolo por ser rechamante quizais. Ou ao mellor por ser o primeiro que se nos ocurriu. O día da elección queriamos ir cear, e de seguro que o aplauso foi unánime ao escoitar calquera nome, por insulso que fose, para lanzar a acta o máis lonxe posible e, entre apertas e apretóns de mans felicitándonos mutuamente por tal exercicio de intelectualidade, encher a nosa boca de patacas fritidas e costeleta de porco n’O Cesto.
Somos esvaradizos e pícanos a curiosidade - como pensarán as fanecas bravas cando asoma un pé polo areal da praia - e con esta revista tentaremos encher un oco comercial que cremos baleiro bla bla bla pero…¿Para que mentir? Queremos escribir e divertinos. E o que tendes nas mans é froito da nosa suor, dos berros, bágoas e sorrisos. É froito das xuntanzas á 1.30 na Aula 2 e dos atardeceres infindos.
Aquí estamos. Somos Faneca Brava.

27 maio 2005

Miguel de Lira: "Hai que botalos, e sobran motivos"


Miguel de Lira foi o actor que encarnou, no seu día, ao arquicoñecido Currás de Mareas Vivas. Miguel sabe valorar o que esta serie representou e o que lle deu como actor. Sen embargo, non se estanca no pasado e vive coa ollada posta no que virá e os proxectos nos que se atopa inmerso. É sen lugar a dúbida unha das pezas chave do movemento de acción que xurdiu nos últimos anos no mundo do espectáculo do noso país.

¡Ola Miguel! Son Jacinta, a rapaza de xornalismo ¿lembraste?
¡Ah, si! Ola, ¿que tal?
Quería facerche a entrevista un día destes. ¿Podes?
Ummm…si.¿Qué che parece hoxe?
¿Hoxe? Pero,¿ a que hora?
Á hora do café, ás 4:30 ou 5. Despois teño unha reunión.
Tras un intento fallido facía unha semana, por fin quedara co actor Miguel de Lira. Xa eran case as dúas e media da tarde e atopábame en metade dunha xuntanza, aínda tiña que comer e non levaba comigo unha gravadora. Semellaba unha misión case que imposible o de que aquilo saise ben.
Os minutos pasaban, un detrás doutro, mentres eu seguía alí de pé, inmóbil agardando por el. Foi o home polo que máis esperei na miña vida, corenta e cinco eternos minutos. Non sei se o sabes pero teño fama de impuntual dixome despois. Unha fama moi ben gañada, pensei. Soaba a canción "Dime que me quieres" mentres eu colocaba os meus vinte mil bártulos e Miguel de Lira canturreaba a letra. Comezamos a falar dos seus proxectos.
Estudaba dereito en Compostela cando comezou a interesarse polo mundo da interpretación. Un día, cando pensaba marchar a Madrid... (ler máis)

¿Non te achinas?

China. ¿Que sabemos de China ? Pois que é un país moi grande, polo tanto con moitos recursos, con moitos chineses, agresivo e colonialista cos países do seu entorno e que supón para moitos unha ameaza para o equilibrio mundial.
Si, en realidade China é un país moi extenso, con 9.571.000 km2, pero tamén é certo que é superado por Rusia e Canadá, os cales non suman xuntos nin douscentos millóns de personas. Os recursos que posúe China son moi limitados pois só un 10% da súa superficie é cultivable. Tamén é certo que hai moitos chineses, preto de 1.300 millóns. Pero en realidade, o que nós chamamos chinos só son os da etnia jan e cómpre saber que hai máis de 60 etnias en todo o país Pois o todo homoxeneo que nos entedemos como os habitantes de China, é unha visión simplista
dunha sociedade moito máis complexa.
¿Alguén dixo agresivo? China é un actor militar practicamente inexistente xa que aínda que conta cun exécito de arredor de 4.000.000 de soldados hai que ser consciente da súa amplitude como país e tamén dos mínimos orzamentos que se adican a gastos en política de defensa, dende logo inferiores a EEUU, Rusia e Xapón. E asemade ridículos para poder supor unha real forza contra o resto do mundo e xa non digamos para enfrontarse a Norteamérica, pois son mínimos para constituír a ameaza que os gobernos de Occidente queren facernos ver. Un inxente número de soldados si, pero con pouca formación e capacidade de manobra.
E para aqueles que pasan medo polo equilibrio mundial cómpre dicirlles que China nunca pretendeu ser unha potencia económica única senón que anda á procura dunha multipolaridade que lle de ao mundo esa harmonía da que os seus filósofos tanto falaban. (ler máis)

Un sinal propio de identidade

A primeira actitude que provoca o graffiti é o rexeitamento da sociedade, a asociación graffiti- vandalismo-hip hop. Pero é algo máis que esa concepción. É unha nova arte que está emerxendo, unha nova expresión icónico-pictórica. ¿Por que rúa pasaches que non houbera un graffiti ou un tag? ¿Estamos ante novas tribus urbanas?
Pantalóns anchos e moi baixos, deportivos, camisetas amplas, gorras dadas a volta, cadeas e colares. Un estilo diferente de camiñar, de saudarse entre eles. Unha xerga particular. Aínda que non todos teñen este perfil, a maioría seguen este estilo. Os seus gustos musicais xiran arredor do hip-hop. O seu obxectivo é que "a xente que mire un graffiti diga: 'Mira que ben quedou esta parede que antes era unha merda'". Son os denominados 'graffiteiros', aínda que apuntan que "o termo correcto é 'escritores', pois somos xente con ganas de expresar o que nos sae de dentro en sitios nos que o vexan o maior número de persoas". Así é como o define Jose, un dos moitos graffiteiros que hai en Galicia. É unha parte máis da súa forma de vida.
Filadelfia, finais da década dos 60. Uns mozos comezan a escribir os seus nomes nos muros e nas paredes da veciñanza. Esta podería ser a contextualización máis axeitada á hora de referirnos aos graffitis. Os antecedentes están nas pintadas das covas de civilizacións antigas ou as que utilizaban os nazis na II Guerra Mundial en contra dos xudeus, pero (ler máis)

Blogs: a Internet feita na casa


Considerado coma un paso definitivo para a democratización de Internet para algúns e unha simple moda para outros, as bitácoras virtuais, weblogs ou blogs deixaron os círculos dos expertos informáticos e os xornalistas experimentais para achegarse a todo aquel que dispoña dunha conexión á Rede. Nos últimos anos, as páxinas persoais que se popularizaran a mediados dos 90 ficaron definitivamente obsoletas para deixar espazo a estes diarios persoais electrónicos, de acceso e elaboración doados e cunhas posibilidades expresivas moi amplas.
"Hai unha demanda de información que non está satisfeita cos medios tradicionais", asegura María Yáñez, escritora e xornalista luguesa e propietaria do weblog Todo Nada, ao falarmos da posibilidade de que a blogosfera se convirta nunha rede de información alternativa. "Aos que están satisfeitos tanto lles dá", continúa, pero está segura de que os demais non pararán ata atopar unha publicación que se adapte ás súas preferencia. "E senón se atopa, faise", conclúe. Segundo Pucho, un blogueiro con apenas medio ano de bagaxe na materia "tanto os [blogs] máis creativos coma os meramente informativos ou de debate poden dotar á xente de ferramentas que ata agora estiveron reservadas aos grandes medios. É moi importante que se asenten coma un medio de información e tamén de comunicación". (ler máis)

O terceiro sexo


¿Por que unha rapaza en cadeira de rodas non pode vir connosco ao baño? Esta é unha das cousas das que nunca nos decatamos, pero forma parte da discriminación diaria que sofren as persoas con problemas físicos. Para descubrir outros exemplos decidimos dar un paseo pola facultade en compañía de Carlos, un ex alumno de xornalismo que agora traballa en COGAMI (Confederación Galega de Minusválidos) e charlar con Toni, un compañeiro cego.
Todos sabemos que a facultade de Xornalismo gañou un premio de arquitectura, non obstante moitos dubidamos de que sexa realmente útil. Baños nos que non entramos, cadeiras perigosas para as nosas costas, mala acústica nas aulas... Pero o problema aumenta se temos algún tipo de discapacidade.
Entramos no edificio. Fronte ó que poidamos pensar, eses espazos tan amplos resultan un problema para unha persoa cega que utilice bastón, porque carece de referencias. Así no lo confirma o noso compañeiro cego Toni: "Cambia moito ter un can que utilizar bastón. Eu notei moito o cambio, antes como moito ía a clase, á cafetería era impensable".
Obrigados a sentar no mesmo sitio
Imos cara ás aulas. Esa rampa da que poderíamos presumir non é tan accesible como parece. "Para unha persoa en cadeira de rodas a súa inclinación resúltalle case imposible"-díxonos Carlos. E se a iso engadimos o esbaradizo que resulta o chan, a dificultade aumenta. ¡Pero non esaxeremos! Teñen a sorte de poder entrar na aula, iso si, sempre pola porta de (ler máis...)

Un infiltrado no concilio das sombras


Os máis de cincocentos vampiros non puideron desatar a Apocalipse na cidade de Santiago, pero engadiron o toque anecdótico e extravagante á madrugada do sábado.
Ás once da noite, un grupo de cinco vampiros do clan Gangrel, chegaba á rúa Concepción Arenal, coa intención de acudir ó Concilio que Samael convocara na discoteca Capitol para atopar ó Elixido. Alí estaban os rechamantes Malkavian, os sobrios Ventrue e os Nosferatu, tan desfigurados e cheirentos.
Con certo atraso chegou o Príncipe dos vampiros, acompañado da súa moza e tocando o buguina do seu Mercedes. Os obxectivos das cámaras de televisión foron testemuñas da entrada dos máis de cincocentos vampiros á sala Capitol, onde facía unha calor verdadeiramente infernal. Samael demoraríase máis do preciso e algúns, para mitiga-la espera, gastaron unha xema de sangue para tomar uns grolos de granadina. Cando finalmente se deixou ver organizador do Concilio todos estaban dispostos para desvelar o segredo dos símbolos dos diversos clans.(ler máis)


26 maio 2005

Being mod in Compostela...it´s a way of life!














¿Nunca te preguntaches quen é ese rapaz que chega tambaleándose nunha vespa, unha desas coma a que tiña teu pai? Flequillo ladeado, que apenas deixa adiviñar un ollo. Parca en verán e inverno. Unha diana na solapa, na camiseta, na carpeta, debuxada nunha chapa... unha diana no corazón. Diagnóstico confirmado: o que tes diante... seica é un mod.


"No es que me emocione otro amanecer"...outro amencer ¿onde? se cadra en calquera porto do sur de Inglaterra, por excelencia en Brighton. Foi aqui onde naceu este movemento, alá polos sesenta. Mozos de clase media que destacaban pola súa elegancia e gustos musicais: Soul, Rythm and blues, Modern Jazz... E todo o que por aquel entón soaba nos clubes londinenses.
Individualistas, elegantes, con ganas de destacar e de pasalo ben bailando toda a noite sen parar. ¿Como o conseguían? Grazas a anfetaminas como os "purple hearts". Para destacar, enchían de retrovisores, cantos máis mellor, as suas vespas e lambrettas.
¿E en Compostela? Tamén temos unha reserva de auténticos sesenteros. A Reixa, Bolengo Pop, (ler máis)

Na cociña con...

LOIS CELEIRO



Lois Celeiro é o actual director de comunicación da USC e profesor de documentación na Facultade de Ciencias de Comunicación. Ademais é un experto na cociña, "pero mellor comendo que cociñando"
Que pode dar de si un café con Lois Celeiro, rodeado de alumnos, diante dunha gravadora e con polbo, ovos e cañas...
-A ver, ¿que queredes de min? Sentádevos aí. Quedaramos ás seis, ¿non? Non chego pronto. A ver, ¿que queredes tomar?
-¿Invitas tú, profe?
-Nós nada, grazas.
-Seguro, ¿non queredes tomar nada?
-Eu unha caña, se insiste...
-Para min un zume de laranxa....
-Veña, Suso, tráelles aí o que pidan.
Se a dieta mediterránea se baseara en ovos fritidos con patacas Lois Celeiro sería o exemplo perfecto do home "Danone". Ovos fritidos para comer, ovos fritidos para ir de tapas por Santiago e ovos fritidos para queimar unha cociña. Ninguén pensara nunca que se lle puidera sacar tanto partido a unha comida tan, ¿sinxela? Pero xa sabemos que a primeira vez non se esquece e a de Celeiro marcou a súa existencia. Sabemos que foi na súa casa, entre ovos, tixolas e patacas e debeu de saír ben porque dende entón ten o vicio metido no corpo.(ler máis)

Faneca literaria

Inauguramos esta sección literaria coa colaboración de Xosé Antón Neira Cruz, escritor, xornalista, filólogo e profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación. Este espazo pretende ser unha fiestra aberta ás túas creacións: relatos, poesía... Se queres colaborar coa Faneca Literaria, podes facelo enviando un correo co teu traballo a fanekabrava@gmail.com
Fanecamente teu, Xosé A. Neira Cruz

Pemán, ese home do tempo


O curruncho de Bea

O único, o fantástico, o home máis desexado da atmosfera, o inconfundible Santiago Pemán, máis coñecido por todos como o noso home do tempo. Ondas de catro a seis en Fisterra e maruxía nas Rías Baixas. Mañá penso que choverá en Santiago, no resto fará sol. En abril augas mil. El é ese home que nos ensinou que detrás do anticiclón das Azores había algo máis, que nos ensinou que a estas alturas da vida se pode vivir dos refráns. ¿A quen non lle gustaría ter unha conversa coa voz da experiencia? Envexado polos homes e amado polas mulleres, Pemán é un mito erótico galego, polo menos para nós, que non dubidou en someterse a un interrogatorio fanequeiro.(ler máis)

O diario da faneca


HABEMUS FANECAM!!!!
¿Escaseza de salitre nas escamas? ¿Gases subacuáticos debido a plancton en mal estado? ¿Dores reumáticos nas aletas dorsais? Ou... ¿simplemente mareos patolóxicos producidos polas correntes oceánicas? Se é así, fauna asilvestrada das dorsais mariñas, non vos preocupar, porque xa está aquí a faneca brava do marrrrr!!!!! contra as fanequeiras e en asociación con caramuxos sen fronteiras. Excitante, emocionante, ¡sinxelamente hiperventilante!, rima e xoga feliz.
Oremos pois meus compatriotas, ollomois, percebes e troitas, pois aquí está a esquizofrénica das mareas, a tolemia submariña das bateas, coas súas receitas psicotrópicas, para combater (ler máis)