Ola! Benvid@s á edición dixital de Faneca Brava, ese peixe rebuldeiro que leva dende o mes de maio tentando facerse cun lugar privilexiado nas rúas de Compostela. Despois dun verán de relax, a fanequiña bule de novo e, claro, non lle abonda con ser só de papel e quixo navegar tamén por estas páxinas. Aquí poderedes atopar todos os contidos da revista e algúns agasallos extra. Na barra lateral da páxina tedes unha morea Tesouros Afundidos, todo o que a Faneca deu de si ata o de agora. Hai ademais unha boa ración de Peixe Fresco, con todo que se coce na rabiosa actualidade dos fondos mariños, e unha Lonxa, na que poderedes dar á vosa vestimenta un toque a mar de fanequeiro. Boa singradura!
Por certo! Todo tipo de dúbidas sobre o estado do mar, os prezos do peixe, as vedas ou as mareas... solucionarémolas con moito gusto en fanekabrava@gmail.com
Por certo! Todo tipo de dúbidas sobre o estado do mar, os prezos do peixe, as vedas ou as mareas... solucionarémolas con moito gusto en fanekabrava@gmail.com





6 Comments:
Benvida Fanequiña. Xa tiñamos ganas de te ver nadando pola rede!!!
Por
fanequeira do sur, ás 2:26 PM
parabens pola fanecadixital!
Por
Henrique, ás 11:52 PM
alguén mirou a data desta entrada??? é do 26 de setembro do 2006!! home sabía que os de faneca eramos adiantados de máis, pero...
Por
Os_Alumnos, ás 4:44 PM
hai que ir actualizando eh!!!q vergoña!!!
Por
Anónimo, ás 1:03 PM
si,por caridade, cambialle a data aos posts, porque me van descuadrar as entradas da blogaliza...
gracinhas, e bemvido ao blogomillo!
Por
Anónimo, ás 5:02 PM
parabéns, fanequeiros
un saúdo santo!!
www.myspace.com/putossantos
Por
Anónimo, ás 1:27 PM
Enviar um comentário
<< Home